fenerock festival
a nosa historia
O FENEROCK
O FeneRock é un festival que se celebra nun dos barrios máis afectados polo paro deste
país coa intención de facer esquecer as penas polo menos unha fin de semana coa boa música de grupos da comarca, grupos galegos e algún cabeza de cartel atractivo.
Dende a súa primeira edición, no ano 2003, esta festa realizase grazas á colaboración voluntaria
de persoas da veciñanza e músicos locais dos arredores, que se implican nesta festa da forma mais desinteresada.
O FRF naceu en 2003 cando un grupo de amigos se xuntaron para homenaxear a un guitarrista
fenés (Félix García Beceiro) tristemente falecido.
Nesta primeira edición xuntáronse 17 grupos da zona, entre os que había dende varios grupos xa disoltos que se xuntaron para a ocasión ata grupos nacidos co único fin de participar nesta homenaxe.
A afluencia de público e a boa acollida de todo o mundo animounos a continuar ano tras ano.
O crecemento do festival ano tras ano levouno ás cotas actuais de gran formato, pero mantén o espíritu colaborativo, voluntario e non lucrativo da asociación organizadora.
FENEROCK FESTIVAL
edicións anteriores
XVI EDICIÓN
(2018)
XV EDICIÓN
(2017)
XIV EDICIÓN
(2016)
XIII EDICIÓN
(2015)
XXI EDICIÓN
(2014)
XI EDICIÓN
(2013)
X EDICIÓN
(2012)
IX EDICIÓN
(2011)
VIII EDICIÓN
(2010)
VII EDICIÓN
(2009)
VII EDICIÓN
(2008)
V EDICIÓN
(2007)
Iv EDICIÓN
(2006)
iii EDICIÓN
(2005)
I EDICIÓN
(2003)
© FENEROCK FESTIVAL All rights reserved.