fenerock festival
CUESTIÓNS FRECUENTES
CUESTIÓNS FRECUENTES
Cómo podo comprar bebidas dentro do festival?
É obrigatorio comprar Tockens dentro do festival para consumir na barra.
A caseta de venta de Tockens encontrase en fronte do escenario.
Non se admiten devolucións. Nin ao peche do festival.
A partir de qué hora podo comprar as miñas entradas na taquilla?
A partir das 21:00h do venres e o sábado abrirase a taquilla para a pulseración e venta de entradas de día e abonos.
Podo entrar nas "sesións vermú" sen entrada?
Sí, todas as sesións vermú son de balde.
Podo acampar no festival?
Sí, tedes un recinto gratuito específico para autocaravanas e outro para tendas de campaña indicado no mapa do recinto.
Os baños do festival quedarán operativos a partir da 13:00h do sábado e domingo.
Haberá duchas de 09:00h a 13:00h, o sábado e o domingo. Nos vestiarios do pavillón de A Xunqueira, acceso por entrada principal pegada ao anfiteatro (o lado oposto ao festival).
O recinto conta con zona de acollida a discapacidades?
Sí, temos unha rampa para xente con necesidades para que podan disfrutar do festival sen problemas de visibilidade.
Os menores de idade poden entrar no festival?
Sí, é obrigatorio presentar este documento na entrada xunto ao menor.
- Os menores de idade que teñan entre 0 e 15 anos, ambos inclusive, poderán acceder ao concerto cumprimentando este formulario e acompañados polo/s seu/s pai/s ou un titor.
- Os menores de 0 a 11 anos poderán acceder de maneira gratuíta e de 12 a 15 pagando a entrada correspondente.
- Os menores de idade de 16 e 17 anos deberán adquirir a súa entrada correspondente e poderán acceder ao recinto sen necesidade de ir acompañados, pero tamén deberán cumprimentar e entregar este documento nos accesos ao recinto.
Se necesito algún servicio en especial cómo me poño en contacto?
Podes escribirnos ao noso correo fenerockfestival@gmail.com ou falarnos a través das nosas redes sociais.
© FENEROCK FESTIVAL All rights reserved.